Noticias

Aparcamentos disuasorios na cidade de Ourense

A necesidade de contar con aparcamentos disuasorios na cidade de Ourense é unha petición que levará ó pleno municipal o PSdeG-PSOE.

Na moción que presentarán mostrarán a necesidade destes espazos ante a escaseza de prazas de aparcamento.

Aparcamentos disuasorios na cidade de Ourense

«A cidade conta dende fai décadas cun déficit importante en canto a prazas de aparcamento. Especialmente na zona centro, pero tamén nos distintos barrios e dun modo significativo nos últimos tempos no de A Ponte dende a chegada da Alta Velocidade», sinala Natalia González Benéitez, voceira do PSdeG-PSOE en Ourense.

Lembran desde o PSdeG-PSOE o Plan de Mobilidade Urbana Sostible que se aprobou fai cinco anos. Este Plan apostaba pola creación de aparcadoiros disuasorios nas entradas da cidade e o fomento do transporte público. Desde a aprobación deste Plan, «nada se fixo a día de hoxe por parte do actual executivo local», lembra Natalia González.

Aparcamentos disuasorios na cidade de Ourense

Para o voceira socialista, os aparcadoiros disuasorios representan un «compromiso con esa mobilidade sostible e representan unha oportunidade para os concellos á hora de reducir o fluxo de vehículos e, en consecuencia, a contaminación nas zonas centro».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.