Noticias

O BNG denuncia o victimismo do alcalde de Ourense

O grupo municipal do BNG denuncia o victimismo do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, que denuncia un bloqueo institucional por parte da Xunta de Galicia.

Este 14 de febreiro, unha data simbólica polo Día da Amizade e dos Namorados, a relación entre Democracia Ourensana (DO) e o Partido Popular (PP) semella estar lonxe do seu mellor momento.

O BNG denuncia o victimismo do alcalde de Ourense

Desde o Goberno local, acusaron á Xunta de Galicia de someter a terceira cidade do país a un «bloqueo institucional» comparable ao embargo dos Estados Unidos sobre Cuba.

O portavoz do BNG no Concello, Luís Seara, rexeitou as acusacións de Gonzalo Pérez Jacome, cualificándoas de «victimismo ficticio». Segundo o representante nacionalista, «DO e PP seguirán saíndo ao rescate un do outro sempre que o precisen». Ademais, lembrou que hai un ano Jacome abstivérase na investidura de Alfonso Rueda como presidente da Xunta, xustificándoo como «un novo voto de confianza», a pesar de que a suposta discriminación a Ourense xa era unha realidade.

Desde o BNG, sosteñen que a situación actual non é nova e que xa viña producíndose durante os anos de goberno de Alberto Núñez Feijóo, con investimentos e proxectos «máis que cuestionables» que non responderon ás necesidades reais da cidade.

O BNG denuncia o victimismo do alcalde de Ourense
Foto: BNG

Seara lanzou varias preguntas ao actual rexedor municipal: «Onde estaba o Goberno Local cando desde o BNG denunciamos as obras de Marcelo Macías, o pendenllo da nova estación de autobuses, o soterramento da Avenida Otero Pedrayo ou a senda peonil de Reza?». O portavoz nacionalista acusou a Jacome de facer «oídos xordos» a estes problemas ou mesmo de recepcionar obras sen criticar a súa xestión.

Por outra banda, o BNG tamén criticou a actitude da Xunta de Galicia, acusándoa de mostrar «desprezo absoluto» pola cidadanía ourensá. «A nós non nos gusta Jacome, pero, a diferenza do PP de Rueda, non facilitamos a súa chegada á alcaldía como si fixeron eles en 2019 e 2023. Aínda así, é o alcalde de Ourense e representa a cidade, polo que merece o tratamento propio do cargo que ostenta», conclúen desde a formación nacionalista.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.