Deportes

As atletas do Ourense Atletismo brillan nos Campionatos de España

As deportistas do Ourense Atletismo protagonizaron destacadas actuacións nos recentes Campionatos de España, deixando mostra do seu talento e esforzo en diferentes modalidades.

O sábado 8 de marzo, tres atletas do club ourensán participaron no Campionato de España Sub20 de Short Track.

As atletas do Ourense Atletismo brillan nos Campionatos de España

Estas actuacións consolidan ao Ourense Atletismo como unha canteira de talento e esforzo, con atletas que seguen medrando e acumulando experiencia a nivel nacional.

Bo debut para Laura Freire no Sub20 de Short Track

Laura Freire foi a primeira en competir, realizando unha boa carreira nos 60 metros lisos. A pesar de quedar sexta na súa serie cun tempo de 7.90 segundos, lixeiramente por riba da súa mellor marca persoal, a súa participación deixoulle un sabor positivo, considerando que era a súa primeira experiencia nun campionato nacional.

Manuela Blanco roza as medallas na pértega

Na modalidade de pértega, Manuela Blanco estivo a piques de subir ao podio nunha final moi disputada. A atleta conseguiu superar os 3.71 metros á primeira, e aínda que fallou nos 3.81, decidiu arriscar cos seus dous últimos intentos en 3.86 metros, sen éxito. Finalmente, tivo que conformarse coa cuarta posición, coñecida como a «medalla de chocolate», nun campionato gañado cun salto de 3.86 metros.

Leyla Villar pecha a participación con esforzo e resistencia

Xa pola noite, Leyla Villar competiu na final B, onde, a pesar de non atopar as mellores sensacións, mantívose firme ata o final. Cun tempo de 10:28.94, terminou novena na súa serie e decimoterceira na clasificación xeral, amosando unha gran capacidade de loita.

Medalla de bronce para Icía Ares na marcha en ruta

O domingo 9 de marzo, Icía Ares destacou no Campionato de España de marcha en ruta celebrado en Marín, logrando a medalla de bronce nos 10 km da categoría sub18. Ademais, na carreira conxunta coas sub20, conseguiu a décima posición, sendo a atleta mellor clasificada da selección galega, que finalizou sexta na clasificación por equipos.

As atletas do Ourense Atletismo brillan nos Campionatos de España
Foto: Club Ourense Atletismo

Ana Isabel Soutullo, subcampioa por clubs nos 10K en ruta

Pola súa banda, Ana Isabel Soutullo participou como filial do Club Atletismo Sada no Campionato de España 10K en ruta na categoría máster. Cun tempo de 41:43, acadou a 22ª posición na categoría F45 e contribuíu de maneira decisiva ao subcampionato por clubs.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.