O XVII Torneo Primavera Cidade de Ourense volveu encher de público o Pavillón dos Remedios este 13 de abril de 2025, nunha xornada que reuniu preto de 600 ximnastas de 22 clubs de toda Galicia.
A cita, xa consolidada no calendario autonómico, reafirma a capital ourensá como epicentro da ximnasia rítmica galega.
O Pavillón brilla no XVII Torneo Primavera de Ourense
Durante a mañá, a partir das 10:00 horas, competiron os conxuntos de nivel base, prebase e absoluto, así como as ximnastas individuais de nivel prebase e base. Pola tarde, arredor das 15:00 horas, foi a quenda dos conxuntos de nivel promoción e das individuais de nivel absoluto.
O evento tamén contou con diversas exhibicións por parte dos conxuntos pavillonistas e das Escolas de Xinzo de Limia e Barbadás, tanto pola mañá como pola tarde. A clausura do torneo tivo un toque especial coa participación dos equipos xuvenil e junior mixto de Ximnasia Estética de Grupo do Escola Pavillón.

En canto aos resultados, o Club Ximnasia Pavillón foi protagonista dunha excelente actuación ao subir ao pódium en case todas as categorías nas que participou.

En total, o club ourensán conseguiu nove medallas nas competicións de conxuntos, incluíndo tres ouros: infantil absoluto, senior absoluto M e benxamín promoción. No apartado individual, sumaron once medallas máis, confirmando o bo momento da entidade.
Clasificacións por categorías
Conxuntos Xuvenil Base
1º Treboada
2º Marusia
3º C.X. Porriño
Conxuntos Xuvenil Prebase
1º CDXR Compostela M
2º CX Pavillón
3º CDXR Compostela P
Conxuntos Cadete Base
1º Marusia
2º Escola Pavillón
3º Milenium
Conxuntos Cadete Prebase
1º Viravolta
2º Kendra
3º Rítmica Carral
Conxuntos Infantil Base-Prebase
1º CDXR Compostela (Base)
2º CX Pavillón
3º Kendra B
Conxuntos Alevín Base-Prebase
1º CDXR Compostela
2º Escola Pavillón
3º Kendra C
Conxuntos Infantil Absoluto
1º CX Pavillón
Conxuntos Junior Absoluto
1º Viravolta
Conxuntos Senior Absoluto
1º CX Pavillón M
2º CX Pavillón P
3º María Barbeito
Conxuntos Xuvenil Promoción
1º Kendra
2º CX Pavillón
3º Agarimo
Conxuntos Infantil Promoción
1º Kendra
2º María Barbeito
3º Rítmica Coruña
Conxuntos Benxamín Promoción
1º CX Pavillón
2º Agarimo
3º Abegondo
Clasificacións individuais
Cadete Prebase
1º Anahí Greandal – Rítmica Ausarta
2º Carlota García Peñuela – CX Pavillón
3º Sabela Cerqueira – CX Porriño
Xuvenil Base
1º Aldara Bacelo – CX Porriño
2º Daniela Berdomás – Rítmica Coruña
3º Iria de Castro – CX Porriño
Infantil Absoluto
Pelota:
1º Claudia Lorenzo – CX Pavillón
2º Nerea Fernández – Maniotas
3º Carla González – CX Pavillón
Cinta:
1º Uxúe Álvarez – Maniotas
2º Lara Martínez – CX Pavillón
3º Olga Bailón – CX Pavillón
Corda:
1º Uxúe Álvarez – Maniotas
2º Claudia Lorenzo – CX Pavillón
3º Bianca González – CX Pavillón
Senior Absoluto
Pelota:
1º Noa Filgueira – CX Porriño
2º Yailén Puga – Maniotas
3º Antía Vázquez – CX Pavillón
Mazas:
1º Unai Sánchez – Maniotas
2º Alejandro Pazó – Agarimo
3º Eduardo Montero – CX Pavillón
Aro:
1º Unai Sánchez – Maniotas
2º Sofía Sousa – CX Porriño
3º Yailén Puga – Maniotas
Cinta:
1º Yailén Puga – Maniotas
2º Noa Filgueira – CX Porriño
3º Martina Gil – CX Pavillón
Mazas (segunda rolda):
1º Alejandro Pazó – Agarimo
2º Unai Sánchez – Maniotas
3º Eduardo Montero – CX Pavillón