Eventos

Tereixa Constenla presenta no Carballiño o ensaio Abril é un país

A xornalista estradense Tereixa Constenla presentará no Carballiño o seu ensaio Abril é un país. A obra sobre a Revolución dos Caraveis é finalista dos Premios Follas Novas do Libro Galego

Esta obra é unha aproximación xornalística e literaria aos “heroísmos descoñecidos” que fixeron posible a Revolución dos Caraveis en Portugal.

Tereixa Constenla presenta no Carballiño o ensaio Abril é un país

O acto contará coa participación do tamén xornalista Carlos Risco. Este evento terá lugar no marco das actividades arredor do 50 aniversario da revolución que puxo fin á ditadura portuguesa en 1974.

Publicado pola editorial Kalandraka na colección Ágora K, o libro é froito dun rigoroso traballo de documentación e entrevistas coas persoas que protagonizaron aquel proceso histórico. Constenla vén de ser finalista nos Premios Follas Novas do Libro Galego. Con esta obra, da voz a testemuños esquecidos e reconstruír desde unha mirada comprometida e feminina un episodio clave na democratización de Europa.

Tereixa Constenla presenta no Carballiño o ensaio Abril é un país
Abril é un País

A autora propón unha lectura que vai máis alá dos feitos coñecidos, deténdose nas pequenas historias que sustentaron a gran historia. A Revolución dos Caraveis é presentada non só como un fito político, senón tamén como un exercicio colectivo de dignidade e esperanza que continúa a inspirar xeracións.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.