A rúa Dalí acollerá mañá o concerto do Combo Dominicano, que dará inicio ás Festas do Couto 2025, organizadas polo Concello de Ourense.
A actuación, prevista para as 23.00 horas do xoves 15 de maio, marcará o comezo dunha programación festiva con música en directo, espectáculos innovadores e propostas para todas as idades.
Comezan as Festas do Couto 2025 co concerto do Combo Dominicano
Durante cinco días, até o luns 19 de maio, o barrio do Couto será epicentro da celebración cunha media ducia de actuacións musicais. Taménfiguran no programa unha exhibición de drons, as tradicionais barracas festivas, entre outras actividades.
O venres 16 de maio, tamén ás 23.00 horas, será a quenda do grupo Cuarta Calle. Durante o sábado 17, coincidindo co Día das Letras Galegas, a programación intensificarase con tres grandes citas:
- o concerto da recoñecida banda galega Luar na Lubre (de 20.00 a 22.00 h),
- un espectáculo de drons (ás 23.30 h) e a
- actuación da orquestra Horizon the Show (de 00.00 a 03.00 h).
O domingo 18 de maio, ás 20.00 horas, subirase ao escenario a orquestra Cinema. Para rematar, o luns 19 será o “Día do neno”, no que as atraccións das barracas ofrecerán prezos reducidos á metade.
O desenvolvemento das festas implicará cortes de tráfico en varias rúas do barrio, polo que se recomenda estar atentos ás sinalizacións e seguir as indicacións da Policía Local.