Noticias

Cortes de tráfico polas festas do Couto

A Policía Local de Ourense informa dos cortes de tráfico que se realizarán polas celebracións das festas do Couto entre o xoves, 16 de maio, e o domingo día 20.

Algunhas rúas do barrio do Couto permanecerán pechadas pola instalación das atraccións mentres que outras sufrirán cortes puntuais causados polas actuacións das orquestras.

Cortes de tráfico polas festas do Couto

Entre as rúas que acollerán as atraccións das festas do Couto atópanse:

  • Francisco de Moure,
  • Candido Fernández Mazas (parcial)
  • Vila Real
  • Praza da Chave
  • Dalí (parcial)

Estas rúas permanecerán pechadas a partir das 20h do xoves e a partir das 17h o venres, sábado e domingo. A policía Local de Ourense informa que en función da afluencia de persoas podería realizar novos cortes.

Cortes de tráfico polas festas do Couto

As actuacións das orquestras tamén obrigarán a realizar cortes de tráfico nas rúas do Couto. Estes cortes coordinados pola Policía Local están previstos nos seguintes horarios:

  • Venres – a partir das 17h nas Rúas Greco e Francisco de Moure
  • Sábado – a partir das 16h en Pardo de Cela

Botón volver arriba