Noticias

O Club Ourense Volei Praia asina unha tempada histórica

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron esta mañá no Concello os integrantes do Club Ourense Volei Praia.

Os resultados acadados durante a tempada 2026/2027 situaron ó club ourensán na elite nacional do volei praia cunha destacada colleita de resultados.

O Club Ourense Volei Praia asina unha tempada histórica

Entre eles figuran os campionatos de España nas categorías sub 21 e infantil, así como a medalla de bronce na categoría cadete e a presenza nas semifinais do campionato sub 19.

O Club Ourense Volei Praia asina unha tempada histórica
Foto: Concello de Ourense

O adestrador do equipo, Álex Prada, cualificou a campaña de «histórica para o volei praia galego» e salientou o papel do Club Ourense Volei Praia como un dos principais representantes da comunidade neste deporte.

Prada tamén puxo en valor os resultados acadados polos deportistas do club coa selección galega, que conseguiron primeiros e segundos postos nos campionatos de España.

A recepción municipal serviu así para recoñecer unha tempada na que o volei praia ourensán volveu destacar no ámbito estatal e consolidou o seu peso dentro do deporte galego.

Botón volver arriba