Eventos

As Letras Galegas celebraranse en Trives cunha mañanciña de música e tradición

A celebración das Letras Galegas 2025 en Trives terá lugar o sábado 17 de maio ás 11:30 horas no local da Asociación Cultural A Caniceira, cunha xornada titulada “Unha mañanciña coas Macizas Centrais”.

O evento, organizado pola agrupación Macizas Centrais no seu 20º aniversario e co apoio do Concello da Pobra de Trives e da ANPA O Recreo, ofrecerá unha mañá lúdica e educativa para o público máis novo.

As Letras Galegas celebraranse en Trives cunha mañanciña de música e tradición

A actividade, pensada especialmente para a cativada, incluirá talleres nos que as nenas e nenos poderán pintar caroutas, descubrir instrumentos musicais e aprender cantigas e bailes tradicionais. A proposta ten como obxectivo poñer en valor a tradición oral galega e fomentar o amor pola música e cultura popular desde as primeiras idades.

Letras Galegas 2025 en Trives

Este ano, a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas ás cantareiras e á poesía popular oral, polo que a mañá coas Macizas Centrais encaixa perfectamente na temática. A xornada quere ser unha festa da lingua, da música e das raíces culturais, nun ambiente participativo e familiar.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.