A parroquia de Paradela de Abeleda, no concello ourensán de Porqueira, celebrará as tradicionais Festas na honra da Virxe da Saúde.
Os festexos serán os días 30 e 31 de maio e 1 de xuño de 2025 cun completo programa de actividades musicais e culturais para todos os públicos.
Festas da Virxe da Saúde 2025 en Paradela de Abeleda
A programación arrincará o venres 30 coa actuación do DJ Crasss a partir da medianoite. Este DJ animará a primeira noite festiva cunha sesión que promete facer bailar a todo o público.
O sábado 31 terá lugar un campionato de tute ás 17:00 horas. A continuación comezará a xornada musical que contará coa actuación do Trío Azar, primeiro pola tarde (de 20:30 a 22:00 h) e logo xa na sesión nocturna (de 00:00 a 1:30 h).
O domingo 1 de xuño será unha xornada marcada pola tradición. Haberá pasarrúas e misa solemne ás 13:15 horas, seguida dunha procesión. A sesión vermú estará amenizada polo Grupo de Gaiteiros Vai de Vagar. Xa pola tarde, de 19:00 a 22:00 horas, será a quenda do Dúo Explosión, que porá o broche final a tres días de festa e convivencia.
