Noticias

Eladio Santos destaca en Ourense o novo Regulamento de Estranxeiría

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, destacou que o novo Regulamento de Estranxeiría reduce trámites e reforza os dereitos das persoas migrantes.

Santos fixo estas declaracións durante a inauguración dunha xornada da Rede Emprega-Nós celebrada na Biblioteca Pública de Ourense Nós.

Eladio Santos destaca en Ourense o novo Regulamento de Estranxeiría

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, celebrou este mércores a entrada en vigor do novo Regulamento de Estranxeiría, que desde o pasado 20 de maio simplifica os procedementos para residir e traballar legalmente en España.

Durante o acto, o subdelegado subliñou que esta reforma busca garantir os dereitos e liberdades das persoas migrantes, ao tempo que se adapta á realidade demográfica da provincia e ás demandas do mercado laboral actual. “Este Regulamento garante a seguridade xurídica das persoas migrantes a través de tres eixos fundamentais: a familia, o traballo e a formación”, indicou.

Eladio Santos destaca en Ourense o novo Regulamento de Estranxeiría
Foto: Subdelegación do Goberno

Santos tamén tivo palabras de agradecemento para o persoal técnico das 18 entidades do terceiro sector que integran a Rede Emprega-Nós. O subdelegado destacou o seu compromiso coa atención ás persoas en situación de vulnerabilidade. “Os que atendedes a inmigrantes sodes esenciais para que esta nova normativa se traduza en oportunidades reais”, engadiu.

Tras a apertura da xornada, Josefina Rodríguez Durán, xefa da Oficina de Estranxeiría da Subdelegación do Goberno, ofreceu unha detallada exposición sobre os principais cambios introducidos pola reforma. A responsable destacou a simplificación de trámites e a mellora na protección xurídica das persoas usuarias.

Finalmente, o subdelegado puxo en valor o traballo do persoal da Oficina de Estranxeiría, ao que definiu como “clave na aplicación efectiva da nova norma”. Subliñou que se resolve o 100% das solicitudes, permitindo que as persoas estranxeiras poidan “vivir con dignidade e traballar legalmente” no país.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.