Noticias

Veciños de Peliquín expoñen a Eladio Santos propostas complementarias ao paso a nivel

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, reuniuse esta mañá coa Asociación de Veciños Peliquín-Catro Camiños para escoitar as súas demandas sobre actuacións complementarias á supresión do paso a nivel que o ADIF acometerá en Peliquín.

O obxectivo destas propostas é mellorar a seguridade viaria e peonil na zona.

Veciños de Peliquín expoñen a Eladio Santos propostas complementarias ao paso a nivel

Na xuntanza, que contou coa participación de representantes dos grupos municipais da Corporación de Ourense, analizouse a viabilidade de solicitar ao Concello un novo proxecto para construír un paso inferior baixo a vía do tren. Esta proposta xorde a pesar de que os traballos actuais xa foron consensuados previamente entre o Goberno local e o ADIF.

Veciños de Peliquín expoñen a Eladio Santos propostas complementarias ao paso a nivel
Foto: Subdelegación do Goberno

Eladio Santos recalcou que “a seguridade é unha prioridade para o Goberno de España”, motivo polo que a eliminación do paso a nivel executarase de maneira inminente, dado que a obra xa está adxudicada.

O subdelegado salientou, ademais, que o ADIF introduciu melloras no proxecto inicial tras recoller achegas da veciñanza. Así, prevese a construción dunha pasarela peonil con ascensores e a creación dun parque verde na contorna.

A actuación, asegurou Santos, foi consensuada co Concello e axústase aos requirimentos técnicos e urbanísticos recollidos no PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal), co fin de garantir unha solución segura e integrada para os habitantes do barrio.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.