Noticias

O subdelegado do Goberno reúnese coa Plataforma Dereito ao Tren en Ourense

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, comprometeuse a trasladar ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable as demandas da Plataforma Dereito ao Tren, que reclama máis frecuencias ferroviarias na estación da Gudiña.

A reunión tivo lugar esta tarde na Subdelegación do Goberno, onde Santos destacou que se está a traballar “en permanente contacto cos alcaldes e alcaldesas da zona” co obxectivo de mellorar os servizos.

O subdelegado do Goberno reúnese coa Plataforma Dereito ao Tren en Ourense

O Goberno de Pedro Sánchez trouxo a Alta Velocidade a Galicia, despois de que o proxecto estivera anos parado, o que, xunto aos descontos nas tarifas, fixo que a demanda deste medio de transporte aumentase moito máis do esperado. Este forte incremento precisa axustes e niso estase a traballar, escoitando a tódolos axentes implicados”, sinalou o subdelegado.

O subdelegado do Goberno reúnese coa Plataforma Dereito ao Tren en Ourense
Foto: Subdelegación

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.