O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, expresou o seu agradecemento ao Círculo Poético Ourensán polo “valioso traballo que fan para achegar a poesía á poboación con esforzo e dedicación”.
Fíxoo durante unha recepción celebrada na Subdelegación do Goberno con motivo do XV Encontro Internacional de Poesía.
Eladio Santos eloxia ao Círculo Poético Ourensán polo seu labor cultural
O colectivo, integrado por poetas de México, Portugal e diferentes comunidades autónomas de España, leva anos promovendo o intercambio cultural e o amor pola poesía desde Ourense.

“Ourense é unha provincia moi unida á poesía grazas a xente coma vós, e estamos moi orgullosos de que as dúas últimas gañadoras do Premio Nacional de Poesía sexan ourensás”, destacou Santos durante o encontro.
O subdelegado tamén convidou ao Círculo Poético Ourensán a participar nos actos que organizará a Subdelegación con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. “É unha honra contar nunha data tan importante coa presenza dun círculo poético composto por persoas de diferentes procedencias e que impulsa en Ourense un intercambio cultural moi próspero”, subliñou.