Noticias

Ourense corre pola solidariedade na Carreira do Pilar

A Praza Maior de Ourense acolleu esta mañá a segunda edición da Carreira do Pilar, unha proba que combina deporte, saúde e solidariedade.

Esta proba organizada pola Garda Civil reuniu a máis de 1.000 participantes. O evento destinou a recadación íntegra á Asociación para a Loita Contra as Enfermidades Renais (ALCER Ourense).

Ourense corre pola solidariedade na Carreira do Pilar

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, destacou antes do inicio da proba a importancia desta iniciativa “que vai máis alá da seguridade e reflicte o compromiso da Garda Civil cos valores da cooperación e da empatía”. Estivo acompañado polo tenente coronel xefe da Comandancia, Rafael Berguillo, e polo capitán xefe do Subsector de Tráfico, Javier Barja.

Foto: Subdelegación do Goberno

Santos salientou a “sensibilidade desta institución cara quen máis o necesita”, agradecendo tanto a implicación da Garda Civil como a elevada participación cidadá. “Participar nesta carreira significa facer un dobre esforzo: por un mesmo e por outras persoas que precisan axuda”, apuntou.

A proba principal, de 6.350 metros, partiu ás 11:00 horas e percorreu as principais rúas da cidade. Para os máis pequenos houbo dous percorridos adaptados: un de 700 metros para nenos e nenas de 7 a 12 anos, e outro de 100 metros para os de 0 a 6 anos.

O custo de inscrición foi de 12 euros para a categoría absoluta, mentres que os menores participaron de balde. Os adultos recibiron unha camiseta conmemorativa e os nenos e nenas levaron unha medalla polo seu paso pola meta.

O subdelegado do Goberno aproveitou tamén para recoñecer o labor de ALCER Ourense, pola súa tarefa de apoio ás persoas con enfermidades renais e polas accións de prevención que desenvolve: “O voso traballo é fundamental e un exemplo de entrega e humanidade”, subliñou.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.