Noticias

Tráfico intensifica a vixilancia contra o uso do móbil

Esta grave situación motivou a posta en marcha dunha nova campaña especial da Dirección Xeral de Tráfico (DGT) en Ourense, que se desenvolverá ata o vindeiro domingo.

O obxectivo é concienciar sobre un risco que xa custou 2.426 puntos do carné na provincia no que vai de ano.

Tráfico intensifica a vixilancia contra o uso do móbil

As distraccións ao volante mantéñense como a primeira causa concorrente máis frecuente nos sinistros de tráfico desde 2017.

Tráfico intensifica a vixilancia contra o uso do móbil
Foto: Subdelegación do Goberno

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, presentou a iniciativa durante un control na N-525, no municipio de Coles. Alí fixo un chamamento á responsabilidade dos condutores. «Cada vez que un condutor decide manipular un dispositivo e non atender aos mandos do vehículo pon en perigo a súa vida e as de outras persoas«, sentenciou Santos.

A campaña de vixilancia non se limita ás estradas, onde actúa a Agrupación de Tráfico da Garda Civil. Tamén se estende ás vías urbanas dos concellos con Policía Local que se sumaron á iniciativa. Na provincia participan os corpos de Ourense, O Barco, Celanova, Xinzo de Limia e A Pobra de Trives. «Mirar documentación ou manipular o GPS son comportamentos de risco«, apuntou o subdelegado.

Eladio Santos subliñou a necesidade de facer pedagoxía máis aló das sancións, xa que «o uso do teléfono mentres se conduce provoca unha distracción e un risco similar a conducir baixo os efectos do alcohol ou as drogas«. Actualmente, suxeitar o móbil ao volante supón unha multa de 200 euros e a retirada de 6 puntos do carné, mentres que outros supostos de manipulación detraen 3 puntos.

Ademais, Santos lembrou a importancia de manter a máxima atención na condución debido á «cantidade inxente de animais salvaxes» na provincia. Recomendou suxeitar sempre o volante con ambas mans para reaccionar adecuadamente e evitar manobras bruscas que poidan ter consecuencias fatais.

Na campaña equivalente do ano pasado, os axentes controlaron 13.542 vehículos nas estradas de Ourense. O resultado foron 217 persoas denunciadas por cometer algunha distracción ao volante.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.