Noticias

O PSdeG-PSOE crea a agrupación local de Allariz

O PSdeG-PSOE de Ourense vén de constituír a súa agrupación local en Allariz, coa que pretende reforzar e consolidar o proxecto socialista na vila.

Esta agrupación nace co obxectivo de fortalecer a organización de cara ás eleccións municipais de 2027. Pretenden “seguir construíndo un proxecto forte, sólido e estable que mellore os resultados electorais”, segundo sinalan desde a Executiva Provincial.

O PSdeG-PSOE crea a agrupación local de Allariz

Dende o partido destacan que a creación desta nova agrupación “referenda a aposta por aumentar a presenza do PSdeG-PSOE concello a concello, reforzando o partido e implantando o proxecto sobre o territorio”. Engaden que esta decisión responde “ao auxe e crecemento dos socialistas no municipio” e que se trata “dun proxecto sólido, de futuro e en constante expansión”.

O PSdeG-PSOE crea a agrupación local de Allariz
Foto: PSOE

A nova executiva local estará encabezada por Elena Peaguda Domínguez, voceira socialista no Concello de Allariz, que asumirá a secretaría local. Miguel Castro García ocupará a secretaría de organización, mentres que Manuela Vila Álvarez será a responsable de política municipal.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.