Eventos

Rochi Nóvoa explora o mito galego en Versos e lúas

A poeta ourensá Rochi Nóvoa presentará o seu novo poemario Versos e lúas o venres 24 de outubro, ás 20:00 horas, na tenda OZOCOgz do Carballiño.

O acto contará coa participación da editora Vanessa Glemsel.

Rochi Nóvoa explora o mito galego en Versos e lúas

A obra, ilustrada polo artista Xosé Eladio, mergúllase na tradición oral e mitolóxica de Galicia a través da poesía.

Rochi Nóvoa explora o mito galego en Versos e lúas

Segundo explica a autora, “entre estas páxinas atoparedes versos que danzan coa maxia dos seres mitolóxicos galegos, esas figuras lendarias que habitan entre o soño e a historia, entre a realidade e o misterio”.

Versos e lúas é unha viaxe poética polas criaturas máxicas do imaxinario galego, unha homenaxe á natureza e ás lendas que conforman a identidade cultural do país. A presentación en O Carballiño forma parte do ciclo de actividades culturais que OZOCOgz promove arredor da creación literaria e artística feita en Galicia.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.