Eventos

Presentan en OZOCOgz a nova edición galega de Drácula

O clásico ‘Drácula’ de Bram Stoker chega por primeira vez traducido ao galego da man de Aira Editorial, e a súa presentación celebrarase o xoves 30 de outubro ás 20:00 horas no espazo OZOCOgz deseño galego, situado na Rúa Curros Enríquez, 29, en O Carballiño.

O acto contará coa presenza do tradutor carballiñés Gabriel Álvarez, o ilustrador Miguel Robledo e o editor César Lorenzo “Cequeliños”, quen compartirán co público o proceso de adaptación desta obra universal á nosa lingua e o traballo creativo detrás da nova edición ilustrada.

Presentan en OZOCOgz a nova edición galega de Drácula

A proposta editorial destaca tanto pola súa coidada tradución como polo seu deseño visual, que achega unha nova dimensión estética ao relato gótico máis coñecido da literatura mundial.

A presentación forma parte do programa de actividades culturais que OZOCOgz impulsa para dar visibilidade ao talento galego no eido do libro, a tradución e a ilustración.


Comunicado de OZOCOgz: Por unha importante cuestión persoal de unha das persoas que ían participar, vémonos na obriga de adiar a presentación prevista para este xoves no noso espazo.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba