Deportes

Presentado o equipo de Nihon Tai-Jitsu de A Valenzá

O equipo de Nihon Tai-Jitsu de Ximansio Estudio A Valenzá, no concello de Barbadás, vén de realizar a súa presentación oficial para a tempada 2026.

Neste acto leváronse a cabo as fotos oficiais dos diferentes conxuntos competitivos do club.

Presentado o equipo de Nihon Tai-Jitsu de A Valenzá

O club contará esta tempada cun equipo cadete a sénior. O mesmo estará integrado por Atanes, Molina, José Manuel, Alex e Dany na fila superior, mentres que na inferior figuran Andrea, Raúl, Julio Adrián e Emilio, mestre e adestrador do grupo.

Presentado o equipo de Nihon Tai-Jitsu de A Valenzá
Foto: Club Ximnasio Estudio A Valenzá

Xunto a eles, tamén se presentou o equipo alevín e infantil. Forman este conxunto Mateus, Noel, Aaron Selas, Fernando, José Julián, Iago, Kilian, Brais, Carla e Julieta na fila superior. Na inferior aparecen Aaron Cid, Dilan, Iker, Santiago, Emilio como mestre-adestrador, Tihago Fernández, Daniel, Tihago Babarro, Rodrigo e Hugo.

Presentado o equipo de Nihon Tai-Jitsu de A Valenzá
Foto: Club Ximnasio Estudio A Valenzá

Desde o club destacan que o ano 2025 foi unha tempada moi positiva, con resultados destacados nos campionatos galegos de Nihon Tai-Jitsu, nos que se acadaron tres campionatos, un subcampionato e varios terceiros e cuartos postos. Estes logros permiten encarar o novo curso deportivo con ilusións renovadas.

O primeiro gran reto da tempada 2026 será o Campionato Galego de Ano Novo, previsto para finais de xaneiro en Burela (Lugo). Nesta cita, o equipo de Ximansio Estudio A Valenzá buscará manter a liña de éxitos nunha disciplina de artes marciais especializada en técnicas de defensa persoal.

Botón volver arriba