O PSdeG-PSOE de Ourense anunciou iniciativas no Parlamento galego para blindar e reforzar a Unidade de Paliativos do CHUO.
A formación socialista denuncia a falta de recursos e risco para a calidade asistencial.
O PSdeG reclama reforzar Paliativos do CHUO
A deputada Carmen Dacosta afirmou que “a dignidade no final da vida non pode ser unha cuestión de códigos postais nin de orzamentos recortados”. Dacosta cuestionou a xestión da Xunta de Galicia, preguntando como a unidade pasou de ter lista de agarda a contar “con 0 doentes”.

Entre as demandas socialistas figuran o incremento de persoal, o reforzo do apoio psicolóxico e social e a mellora das infraestruturas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
O PSdeG insiste en que os coidados paliativos son un dereito e reclama unha auditoría técnica para evitar o colapso do servizo.

