Bágoa Gastrobar reforza a súa aposta pola inclusión tras gañar o VI Campionato de España de Hamburguesas, impulsando iniciativas para persoas con Enfermidade Renal Crónica (ERC) en Ourense.
Este luns, o chef Martín Fernández e a nutricionista Uxía Tumbeiro, de ALCER Ourense, impartiron un obradoiro con 21 participantes.
Bágoa Gastrobar promove a alimentación adaptada á enfermidade renal
A sesión combinou teoría e práctica, con receitas adaptadas como ñoquis de cabaza ou elaboracións con queixo da Gandaría Puluan.

A actividade enmárcase na colaboración coa entidade, que xa incluíu un menú especial polo Día Mundial do Ril, baseado en pratos sen sal, control proteico e protagonismo vexetal.
O presidente de ALCER Ourense, Miguel Quintas, destacou a importancia destas accións para fomentar hábitos saudables e mellorar a calidade de vida das persoas con patoloxía renal.

