Noticias

O PSdeG-PSOE de Ourense avanza nas candidaturas do 2027

O PSdeG-PSOE de Ourense fixo balance das súas reunións provinciais, cualificándoas como “moi construtivas e produtivas”, no marco da preparación das eleccións municipais de 2027.

A formación celebrou o seu primeiro Comité Provincial de 2026, onde destacou o contacto directo co territorio para coñecer as necesidades de cada comarca e municipio.

O PSdeG-PSOE de Ourense avanza nas candidaturas do 2027

O secretario provincial, Álvaro Vila Araújo, sinalou que o partido “leva meses traballando arreo para confeccionar as candidaturas máis sólidas e fiables”.

O PSdeG-PSOE de Ourense avanza nas candidaturas do 2027
Foto: PSdG

As e os socialistas defenderon o seu proxecto baseado en políticas progresistas para fixar poboación, con medidas como o acceso á vivenda, a mellora das infraestruturas, o impulso ao emprego local e o apoio ao comercio de proximidade.

Ademais, reivindicaron o seu papel na defensa dos servizos públicos e apostaron por un cambio político en distintos concellos, co obxectivo de abrir unha etapa centrada na transparencia e na proximidade.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba