Noticias

Ourense acolle as Xornadas Interxeracionais de ATEGAL

A ATEGAL celebra en Ourense as Xornadas Interxeracionais, unha iniciativa que busca fomentar o contacto entre xeracións e combater o idadismo.

A actividade comezou na Praza Maior coa lectura dun manifesto elaborado por alumnado de Educación Social, que denuncia a invisibilización das persoas maiores. “As persoas maiores non son pasado: son presente activo e memoria viva”, destaca o texto.

Ourense acolle as Xornadas Interxeracionais de ATEGAL

A xornada continúa no Campus Universitario con propostas lúdicas compartidas entre estudantes e maiores, nas que se combinan xogos actuais e tradicionais como a comba ou os zancos. Como novidade, inclúese unha sesión de Baile e movemento das Aulas Sénior.

Ourense acolle as Xornadas Interxeracionais de ATEGAL
Foto: ATEGAL

No encontro participan tamén ATEGAL Santiago, Aspanas, Down Ourense e o CIFP Portovello. A entidade ofrece actividades formativas para maiores de 55 anos e organizou máis de 50 accións na cidade o pasado ano.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba