Eventos

O Cineclube Padre Feijóo proxecta en Ourense “1846 – Revolución Galega”

A Revolución Galega de 1846 chega esta semana ás pantallas de Ourense coa estrea do documental “1846 – Revolución Galega”.

Esta produción, impulsada pola Fundación Galiza Sempre e dirixida por César Caramês, coincide co 180 aniversario deste episodio histórico.

O Cineclube Padre Feijóo proxecta en Ourense “1846 – Revolución Galega”

A proxección terá lugar mañá, xoves 7 de maio, ás 20:30h, na Casa da Cultura de Ourense, nunha sesión organizada co Cineclube Padre Feijóo. Ademais da exhibición do filme, o público poderá participar nun coloquio co propio director e investigador.

O Cineclube Padre Feijóo proxecta en Ourense “1846 – Revolución Galega”

O documental é o resultado de varios anos de traballo de investigación de Caramês, profesor de lingua e literatura galega. O obxectivo é recuperar e divulgar un dos acontecementos máis relevantes da historia contemporánea de Galicia.

Desde a Fundación Galiza Sempre explican que esta iniciativa forma parte dun labor continuado para rescatar do esquecemento a memoria da revolución de 1846. Nos últimos anos, a entidade promoveu diversas publicacións dentro da colección Efemérides da Galiza, dedicadas aos Mártires de Carral, a Antolín Faraldo e, recentemente, á propia revolución.

Publicaciones relacionadas

“Somos conscientes de que a Revolución Galega segue sendo practicamente descoñecida para boa parte do noso pobo”, sinalan desde a fundación. Consideran imprescindible revisar este proceso para comprender a evolución do pensamento político e cultural galego.

O filme conta coa participación de 17 especialistas de ámbitos como a historia, a economía, a literatura, a socioloxía, a política ou a antropoloxía, ofrecendo unha visión plural sobre o contexto e a transcendencia daqueles feitos.

Botón volver arriba