Noticias

Gadis rende homenaxe a Begoña Caamaño

Gadis presentou en Vigo as accións culturais que impulsa con motivo do Día das Letras Galegas, cun acto celebrado no supermercado da Rúa Barcelona, na cidade natal de Begoña Caamaño, autora homenaxeada este ano.

A iniciativa busca recoñecer a súa figura e legado, ao tempo que pon en valor a cultura galega entre a cidadanía.

Gadis rende homenaxe a Begoña Caamaño

A cadea de distribución deu a coñecer o caderno “Lenzos, as letras en cor”. Esta proposta está inspirada nas obras Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do azul, nas que a escritora e xornalista reinterpretou mitos clásicos cunha visión contemporánea.

Gadis rende homenaxe a Begoña Caamaño
Foto: Gadis

Con motivo desta celebración, o vindeiro 16 de maio, Gadis repartirá de forma gratuíta, ata fin de existencias, 30.000 exemplares deste caderno. Tamén repartirá 40.000 marcapáxinas e 40.000 bolsas de papel con deseños conmemorativos. O material tamén poderá descargarse en formato dixital a través da web da campaña.

No transcurso do acto, a empresa realizou unha entrega simbólica deste material a Beatriz e Carmen Caamaño, irmá e sobriña da autora. Durante o encontro, destacouse a dimensión literaria e xornalística da viguesa.

Publicaciones relacionadas

Desde Gadis explicaron que a elección de Vigo para esta presentación responde á vontade de render tributo á escritora na súa cidade de orixe. “Quixemos estar hoxe en Vigo, cidade de orixe de Begoña, coa súa irmá Beatriz, como un recoñecemento á súa figura e obra”, sinalaron desde a compañía. Esta tamén subliñou o seu compromiso coa difusión da cultura galega.

Botón volver arriba