Noticias

A V Xuntanza Socialista reúne en Allariz a máis de 300 persoas

A V Xuntanza Socialista de Ourense reuniu en Allariz a máis de 300 persoas chegadas de distintos puntos da provincia e de Galicia nun encontro organizado polo PSdeG-PSOE de Ourense.

Na xornada participaron o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro; o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo; a voceira socialista en Allariz, Elena Peaguda; a concelleira en Ourense, Alba Iglesias; e o voceiro do PSOE no Congreso, Patxi López.

A V Xuntanza Socialista reúne en Allariz a máis de 300 persoas

Durante a súa intervención, Patxi López reivindicou o papel do PSOE como “a política útil fronte ao ruído, a ultradereita e a desigualdade”, defendendo as medidas impulsadas polo Goberno de Pedro Sánchez en materia económica, laboral e de vivenda. Tamén criticou a aproximación do Partido Popular ás posicións da extrema dereita.

A V Xuntanza Socialista reúne en Allariz a máis de 300 persoas
Foto: PSdG

Pola súa banda, Besteiro destacou a importancia da memoria democrática. Tamén reivindicou o socialismo como ferramenta para defender os servizos públicos, o rural e a igualdade territorial. Tamén criticou a xestión do Partido Popular en Galicia e a situación da provincia de Ourense tras décadas de gobernos populares.

Álvaro Vila Araújo definiu a xuntanza como “un espazo de convivencia e orgullo militante”. Pola súa parte, Elena Peaguda apelou á unidade e á construción dunha “outra Ourense e outra Galicia posibles”. Alba Iglesias puxo o foco na renovación da comunicación política e no papel das novas xeracións.

Publicaciones relacionadas

No acto entregáronse ademais os Premios ConMemora 2026 a Camilo Ocampo e Elena Espinosa pola súa traxectoria institucional e política.

Botón volver arriba