A judoka ourensá Leire Carrera e os mestres do Judo Club Marbel foron protagonistas na Gala anual da Federación Galega de Judo e Deportes Asociados, celebrada o pasado 13 de xuño no Hotel Carlos I de Sanxenxo.
Na cita participaron os representantes do club ourensán Manuel Montero, Felipe Iglesias, Antía Fernández Morais, Pedro Gómez e Oliver Balvís. En dito acto, recoñeceuse o labor dos deportistas e técnicos máis destacados da tempada.
Leire Carrera e dous mestres do Marbel, distinguidos na Gala do Judo Galego
Entre os galardoados destacou Leire Carrera, elixida como a mellor jiujitsuka da tempada grazas á súa quinta posición no Campionato de Europa da especialidade e ao seu liderado no ranking nacional.

A gala tamén serviu para distinguir o traballo desenvolvido polos mestres ourensáns Felipe Iglesias e Antía Fernández. Recibiron respectivamente o 5º Dan e o 4º Dan de Judo como recoñecemento á súa contribución e dedicación durante os últimos anos.
Ademais, durante os días 13 e 14 de xuño desenvolveuse o XXV Congreso de Mestres de Judo de Galicia. Este encontro reuniu os técnicos de maior graduación da comunidade. Na xuntanza avanzaron na actualización e unificación de criterios na didáctica desta arte marcial e no ámbito do alto rendemento.
O congreso contou coa participación do internacional Alberto Gaitero, subcampión europeo e olímpico en Tokio 2021. Gaitero ofreceu varias exposicións dirixidas aos mestres galegos sobre diferentes aspectos técnicos e formativos do judo.