O BNG rexistrou novas iniciativas no Parlamento galego para reclamar unha solución ao proxecto do Centro Integral de Saúde (CIS) Nóvoa Santos de Ourense.
Esto sucede tras coñecerse que a veciñanza que denunciou a actuación segue sen obter resposta da Xunta ás súas peticións de diálogo.
O BNG reclama unha solución dialogada para o CIS Nóvoa Santos
A deputada nacionalista por Ourense, Noa Presas, lembrou que a formación xa solicitou hai un mes unha mesa de traballo con veciñanza, profesionais sanitarios e administracións para buscar alternativas ao proxecto. Segundo denunciou, a Xunta non deu resposta a esta proposta.

Presas criticou que Ourense continúe sen un CIS operativo e acusou ao Goberno galego de manter paralizado o investimento pese a coñecer desde hai anos os problemas técnicos e xudiciais da iniciativa.
A deputada reclamou á Xunta que abra un proceso de diálogo coa veciñanza e co persoal sanitario para definir unha alternativa ao CIS e o futuro do edificio Nóvoa Santos.

