O Club Ximnasia Pavillón Ourense achegará dez ximnastas e a súa adestradora, Inmaculada Pazos Sánchez-Rubio, á selección española que participará nos Campionatos do Mundo de Trampolín 2026, en Nankín (China).
As competicións celebraranse do 4 ao 15 de novembro.
O Pavillón achega dez ximnastas ao Mundial de Trampolín
O club ourensán terá representación no Campionato do Mundo Senior, no Mundial por Idades e no Campionato do Mundo Júnior, as tres grandes citas internacionais da disciplina.
No Mundial Senior competirá Lucas Domuro Arias, convocado na modalidade de Dobre Minitramp. Pola súa banda, no Mundial por Idades participarán Fabio González Fernández, Breixo Miranda Fernández, Daniela Rodríguez Augusto, Claudia Blanco Cidón, Pedro Castaño Garrido e Mateo Rodríguez Pérez, en diferentes modalidades de trampolín individual e sincronizado.

No Campionato do Mundo Júnior estarán presentes Uxía Blanco Cidón, en trampolín individual, e Mario Monteagudo Blanco e Iván Pacios Miguel, en trampolín sincronizado.
A representación do club complétase coa convocatoria da súa adestradora, Inmaculada Pazos Sánchez-Rubio, que formará parte do equipo técnico da selección española. Ademais, exercerá como xuíza internacional no Campionato do Mundo Senior.
Outra das novidades será a estrea de Noa Puente-Dodd Álvarez como xuíza internacional, tras unha ampla traxectoria como ximnasta.
Desde o club destacan que estas convocatorias supoñen un recoñecemento ao esforzo e á dedicación de deportistas, adestradores e familias, e consolidan o Ximnasia Pavillón como un dos clubs de referencia da ximnasia de trampolín en España.

