A Festa do Pulpo do Carballiño xa conta con todo listo para celebrar a súa 64ª edición cun completo programa que se estenderá durante varios días.
A gran cita, declarada de Interese Turístico Internacional, terá o seu día grande o vindeiro domingo 9 a partir das 12:00 horas no Parque Municipal.
Guía e programa completo da 64ª Festa do Pulpo do Carballiño
A xornada contará coa animación de charangas como Castro Bello, Doctor Anchoa e CLK polas rúas, xunto a actuacións de Feitizo de Pau, Catro Ventos, Feixoada, Os Serandeiros, espectáculo infantil Oviravai, Maianas, Pataghulhos e Ardentía. Pola súa parte, a Orquesta Chanel porá o broche musical na Praza Maior con dous pases ás 20:30 h e ás 23:30 h.

Xullo
As actividades comezarán xa do 24 ao 26 coa apertura de adegas de 12:00 a 15:00h e de 20:00 a 00:00h. Tamén haberá unha Mostra de Viños e ás actuacións de Feitizo de Pau, o grupo de música tradicional do Carballiño, Zeltia Irevire, o Cuarteto de Música Tradicional do Irixo e a Banda de Gaitas e Danzas O Irixo. Ademais, o sábado 25 acollerá ás 20:30h o XXXII Festival de Habaneras no Auditorio.
Para a infancia, a Praza da Vera Cruz ofrecerá a Semana Grande para Pequenos do 27 ao 30 a partir das 18:00h. A Biblioteca Municipal acollerá o día 30 ás 12:00 h o programa de animación á lectura Tralará. A música en directo espallará actuacións coma a de Tacrolimus o mércores 29 ás 22:00h na Praza Maior e a animación de Polo Pan Baila o Can o venres 31 ás 11:00 h.
O venres 31 pola noite, ás 22:30h, a Praza da Vera Cruz acollerá o Festival Ou Yeah! 2026 co concerto de Burning e propostas culinarias da asociación Cociña Ourense. O sábado 1 celebrará o Día da Emigración 2026 a partir das 20:00h na Praza Maior. Será cos concertos de Carlos Bau & 80 Razones (tributo a Hombres G e El Canto del Loco) e Lo Mejor del Último (tributo a Manolo García e El Último de la Fila).
Agosto
O programa continuará o domingo 2 co concerto de Hechizo de Nora + Nizam na Praza Maior ás 20:00h. O luns 3 serña a Homenaxe a Festa do Pulpo na Casa Consistorial ás 11:30h. A continuación será o concerto de Amigos do Acordeón de Celanova ás 20:30h. Un dos momentos máis agardados chegará o martes 4 ás 20:00 h na Praza Maior coa elaboración da tapa de pulpo máis grande do mundo. Este evento estará amenizado por DJ Tibu e Os Serandeiros.
Na recta final, o mércores 5 disputaráse o Partido Trofeo do Pulpo entre o CD Arenteiro e o UD Ourense ás 20:30h no Estadio Municipal de Espiñedo. Tamén terá lugar o concerto teatralizado da Banda de Gaitas Os Catro Ventos ás 21:00h na Praza da Vera Cruz. O xoves 6 haberá animación con La Changaranga ás 20:00 h e proxección do cine Lúas no setembro de Carlos Montes ás 23:00h. Na xornada do venres 7 actuará o Septeto Naborí – El Auténtico Son de Cuba ás 23:30h na Praza Maior. O sábado 8 medrará o ambiente festivo a partir das 18:00h coa Festa das Camisetas ao ritmo de DJ Tibu e Batucarba.

