Deportes

O Pavillón inicia a tempada con retos nacionais e internacionais

O Club Ximnasia Pavillón e a Escola Pavillón xa preparan a tempada 2026/27, na que preto de 400 ximnastas formarán parte dun proxecto deportivo que combina formación de base, competición autonómica e nacional e importantes citas internacionais.

O club contará con equipos nacionais nas categorías júnior, sénior feminino e sénior mixto de élite, ademais de conxuntos de base e equipos xuvenís. A estrutura complétase coa participación en competicións autonómicas nas diferentes categorías.

O Pavillón inicia a tempada con retos nacionais e internacionais

O calendario arrancará en setembro con citas como o Torneo Biqueira, seguido do Torneo Inmare de Marín, a Copa Atlántica de Lalín e os campionatos galegos. Tamén participarán en Euskalgym, en Bilbao, e nos principais campionatos de España, incluída a cita de Cartagena entre os días 18 e 22 de novembro.

O Pavillón inicia a tempada con retos nacionais e internacionais
Foto: Club Ximnasia Pavillón.

Osaka, o gran reto

O principal desafío internacional chegará os días 24 e 25 de novembro en Osaka, Xapón. O equipo sénior mixto de Ximnasia Estética de Grupo, actual campión de España, participará no IFAGG Trophy 2026, tras unha proposta da Real Federación Española de Gimnasia.

Este conxunto estará formado por Jose, Alejandro, Noa, Aroa, Laura, Nicole, Mónica, Daniela e Lara, baixo a dirección da adestradora Raquel Dafonte Rodríguez.

Paralelamente, a Escola Pavillón continuará o seu crecemento nas escolas de Pereiro de Aguiar, Ribadavia e Barbadás. Reforzarán a formación de base e incorporarán novas adestradoras en prácticas.

Botón volver arriba