O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, trasladou o apoio do Goberno galego ao Auriense CA nun encontro celebrado esta mañá na Delegación Territorial co presidente do club, Manuel Cerón.
O equipo ourensán afrontará a finais de outubro un partido único contra o Deportivo da Coruña na primeira rolda da Copa do Rei, que se disputará no estadio do Couto.
A Xunta apoia o Auriense CA ante a súa cita coa Copa do Rei
Durante a reunión, Pardo reafirmou o compromiso da Xunta coa promoción e o fomento do fútbol na provincia de Ourense. O delegado destacou o papel do deporte como ferramenta para transmitir valores, favorecer a cohesión social e contribuír ao desenvolvemento da mocidade.

A eliminatoria contra o Deportivo suporá unha cita destacada para o Auriense CA, que terá a oportunidade de recibir en Ourense un dos clubs históricos do fútbol galego.

