O Concello de Ourense celebrou unha xornada informativa sobre a nova Ordenanza de Ruídos, dirixida ao persoal técnico e aos traballadores da área municipal de Urbanismo.
A sesión abordou as principais novidades da normativa, os seus contidos e os criterios para aplicala.
Ourense forma ao persoal municipal na nova Ordenanza de Ruídos
O obxectivo é facilitar aos profesionais municipais as ferramentas necesarias para interpretar e aplicar correctamente a regulación sobre contaminación acústica.

Con esta iniciativa, o Concello busca mellorar a coordinación interna e garantir unha aplicación homoxénea da ordenanza. A xornada enmárcase no compromiso municipal coa xestión do ruído, a convivencia cidadá e a protección da calidade de vida da veciñanza.

