O líder do PSdeG lembra que os socialistas quedaron a 3.000 votos dun segundo deputado pola provincia e sitúa a defensa das pensións como prioridade electoral.
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pediu concentrar o voto progresista no PSOE nas eleccións xerais do 29 de novembro para evitar un Goberno de PP e Vox.
Besteiro pide concentrar o voto progresista en Ourense o 29N
Na presentación das candidaturas de Ourense, advertiu do risco que, ao seu xuízo, suporía para as pensións e os dereitos sociais a chegada da dereita ao Executivo.

Besteiro lembrou que preto de 100.000 ourensáns cobran unha pensión e destacou que estas prestacións representan arredor dun terzo dos ingresos dos fogares da provincia. Tamén sinalou que o PSOE quedou a apenas 3.000 votos de conseguir un segundo deputado por Ourense nas últimas xerais.
A candidatura ao Congreso estará encabezada por Carmen Rodríguez Dacosta e a do Senado por María Fernández Ojea. Ambas comprometéronse a defender os intereses da provincia nas Cortes Xerais.
Dacosta anunciou que percorrerá os concellos ourensáns para escoitar as demandas da cidadanía, mentres que Ojea reivindicou a igualdade e a presenza das mulleres nos postos de responsabilidade política.
O PSdeG sitúa entre as súas prioridades a sanidade e a educación públicas, as pensións, a dependencia e o acceso á vivenda.

