Noticias

O PSdeG reclama un plan para recuperar Valdeorras

O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila, reclama á Xunta que aprobe nun mes un plan integral para recuperar os territorios afectados polos incendios de agosto de 2025, especialmente Valdeorras e Vilamartín.

O socialista denuncia a falta de actuacións para restaurar os montes e previr novos danos. As últimas riadas provocaron o derrubamento da ponte de Baxeles e dun tramo da estrada provincial OU-0807, ademais de afectar outras infraestruturas.

O PSdeG reclama un plan para recuperar Valdeorras

Vila tamén alerta dos problemas de abastecemento de auga na Rúa, Vilamartín, Petín e O Barco, con arrastres de cinzas e sedimentos que afectan á calidade da subministración.

O PSdeG reclama un plan para recuperar Valdeorras

O Concello de Vilamartín cifra en arredor de dous millóns de euros os danos municipais dos incendios. A Xunta comprometeu máis de 420.000 euros para distintas reparacións, unha cantidade que o PSdeG considera insuficiente.

Álvaro Vila pide financiamento e medios técnicos para recuperar as infraestruturas, protexer as captacións de auga e reducir os riscos de novas riadas.

Botón volver arriba