Noticias

O PSOE destaca os 35 millóns para os regadíos da Limia

O PSdeG-PSOE de Ourense reivindica os 35 millóns de euros do Goberno central para modernizar os regadíos da Limia, unha actuación que permitirá actualizar as 42 captacións de auga subterránea da comarca.

A través da Sociedade Estatal de Infraestruturas Agrarias (SEIASA), o Executivo financiará o 80 % do proxecto, mentres que as comunidades de regantes achegarán o 20 %. Ademais, o Ministerio de Agricultura destinará outros 12 millóns á limpeza das canles e dos camiños da rede de regadío.

O PSOE destaca os 35 millóns para os regadíos da Limia

A candidata socialista ao Congreso, Carmen Rodríguez Dacosta, destaca que este investimento mellorará a competitividade das explotacións agrarias. Pola súa banda, María Fernández Ojea, candidata ao Senado, subliña que permitirá optimizar o uso da auga e reforzar o futuro do sector.

O PSOE destaca os 35 millóns para os regadíos da Limia
Foto: PSdG.

Os socialistas reclaman tamén a implicación da Xunta e presentan estes investimentos como exemplo do compromiso do Goberno de Pedro Sánchez co rural ourensán, de cara ás eleccións do 29 de novembro.

Botón volver arriba