Noticias

Luis Menor reclama servizos e infraestruturas para o rural

O presidente provincial do PP, Luis Menor, reclamou en Viana do Bolo un Goberno central que atenda as necesidades do rural ourensán. Nun mitin xunto á candidata ao Congreso, Ana Belén Vázquez, defendeu a chegada de Alberto Núñez Feijóo á Moncloa para impulsar os servizos públicos, o emprego e as infraestruturas.

«Viana non pide favores, pide o xusto: servizos que funcionen, comunicacións dignas e un futuro para os que queren quedar», afirmou Menor, que comprometeu unha defensa de Ourense «con lealdade, pero tamén con esixencia».

Luis Menor reclama servizos e infraestruturas para o rural

Pola súa banda, Ana Belén Vázquez chamou a mobilizar o voto en toda a provincia e evitar os triunfalismos: «Cada voto hai que ir buscalo, porta a porta, conversa a conversa».

Luis Menor reclama servizos e infraestruturas para o rural
Foto: PP.

A xornada incluíu tamén encontros na cidade de Ourense con antigos dirixentes deportivos e exdeportistas, así como co Foro Liceo, para abordar propostas populares sobre deporte, cultura e patrimonio.

Botón volver arriba