Eventos

Son de Outono encherá San Pío X de música tradicional

O Son de Outono celebrará este sábado, 21 de novembro, unha xornada dedicada á música e á cultura tradicional nas instalacións do Colexio e da Parroquia de San Pío X.

A iniciativa, organizada pola Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia, comezará ás 16:00 horas e combinará obradoiros, exposicións e concertos.

Son de Outono encherá San Pío X de música tradicional

A programación inclúe tres obradoiros: percusión corporal, impartido por Sergio Tannus, iniciación á música tradicional en familia e culleres. As prazas son limitadas e requiren inscrición previa.

O evento tamén contará cunha zona expositiva con instrumentos tradicionais, artesanía, pintura, literatura e antigüidades. Despois dunha merenda popular ás 18:30 horas, chegará a quenda dos concertos.

A partir das 19:30 horas, actuarán Zoadeira, Cuncas do Son, Trovare, Sete Estralos e A Voz das Mouras, cunha entrada gratuíta. A organización anima a veciñanza a participar nesta celebración da cultura tradicional.

Son de Outono encherá San Pío X de música tradicional

Botón volver arriba