A cabeza de lista do BNG ao Congreso por Ourense, Noa Presas, destacou en Vilar de Santos a crecente simpatía cara á formación nacionalista e a oportunidade de conseguir o primeiro escano pola provincia o vindeiro 29 de novembro.
No encontro, no que participou o alcalde Marcos Nogueiras xunto cos candidatos Juan Luis Domínguez e Bernardo Varela, Presas asegurou que existe unha ilusión crecente arredor do BNG. «Ourense pode deixar de perder este 29N após case 50 anos de bipartidismo estéril», afirmou.
Presas destaca o apoio ao BNG para lograr o primeiro escano
A candidata defendeu a necesidade dunha representación propia en Madrid que consiga investimentos, mellores servizos públicos e infraestruturas para a provincia. «Non chega con vir pedir o voto cada catro anos: hai que ir a Madrid, defender Ourense e conseguir compromisos e investimentos», sinalou.

Presas asegurou que o BNG será unha forza sen ataduras estatais, centrada en negociar e defender os intereses da cidadanía ourensá.

