Deportes

O Pavillón pecha a súa participación nacional en Cartagena

O Club Ximnasia Pavillón e Escola Pavillón participaron con cinco equipos na Copa de España e no Nacional Base de ximnasia rítmica, celebrados do 19 ao 22 de novembro en Cartagena.

A expedición ourensá competiu nunha cita que reuniu centos de ximnastas de toda España.

O Pavillón pecha a súa participación nacional en Cartagena

Na terceira fase da Copa de España de Conxuntos Iberdrola, os equipos sénior mixto e sénior feminino do Club Ximnasia Pavillón finalizaron nas posicións 15ª e 22ª, respectivamente. A competición serviu para avaliar o seu nivel antes do Campionato de España de Conxuntos de Valladolid.

O Pavillón pecha a súa participación nacional en Cartagena
Foto: Club Ximnasia Pavillón

Pola súa banda, o Nacional Base puxo o punto final á temporada dos tres equipos ourensáns. O conxunto infantil rematou no posto 99, mentres que os xuvenís do Pavillón e Escola Pavillón ocuparon as posicións 47 e 126.

O campionato destacou pola elevada participación, con 142 conxuntos na categoría xuvenil e 113 na infantil. Os equipos ourensáns pecharon así unha temporada de traballo e competición nunha das grandes citas da ximnasia rítmica nacional.

Botón volver arriba