O equipo sénior mixto do Club Ximnasia Escola Pavillón proclamouse de novo campión de España de Ximnasia Estética de Grupo no Campionato Nacional disputado os días 11 e 12 de xullo en Huesca.
Integrado por Mónica, Laura, Lara, Nicole, Daniela, Noa, Aroa, Alejandro e Jose, o conxunto ourensán sumou un novo éxito ao seu palmarés. Tras os ouros conseguidos en 2024 e 2025, revalida agora a coroa nacional na edición de 2026.
O Escola Pavillón proclámase campión de España de Ximnasia Estética de Grupo
A competición comezou o sábado cun excelente exercicio que situou ao equipo na primeira posición da clasificación provisional. Xa na final do domingo, os ximnastas volveron ofrecer unha actuación de gran nivel, marcada pola forza, a elegancia e a precisión. Esto permitiulles manter o liderado e conquistar novamente o campionato.

O conxunto destacou nos tres apartados que compoñen a valoración da competición: valor técnico, artístico e execución, obtendo a mellor puntuación global entre todos os participantes.
Con este resultado, o Club Ximnasia Escola Pavillón pecha unha brillante primeira parte da tempada. A entidade retomará os adestramentos a mediados de agosto para preparar a segunda metade da campaña de ximnasia rítmica.

