Noticias

Manuel Pardo recibe ao músico Manuel Brañas en Ourense

O delegado da Xunta destaca o labor do fundador de Brañas Folk na preservación e difusión da música tradicional galega.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse este xoves con Manuel Brañas, fundador do grupo Brañas Folk, para coñecer os proxectos nos que traballa o músico ourensán.

Manuel Pardo recibe ao músico Manuel Brañas en Ourense

O encontro celebrouse na Delegación Territorial e permitiu a Pardo interesarse pola actividade deste referente da música tradicional galega, especialmente polo seu labor na construción e mantemento de instrumentos tradicionais como a gaita, a arpa, a zanfona, o salterio e o laúde.

Manuel Pardo recibe ao músico Manuel Brañas en Ourense
Foto: Delegación da Xunta.

O representante autonómico trasladoulle os seus parabéns polo traballo desenvolvido ao longo dos anos e pola súa contribución á investigación, recuperación e difusión do folclore galego, especialmente no ámbito ourensán.

Manuel Brañas está considerado unha figura destacada na preservación e revitalización da música tradicional, tanto pola súa actividade artística como polo seu coñecemento e dedicación á elaboración de instrumentos.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba