A asociación cultural A Pantalla de Xinzo de Limia reivindica o seu Entroido nunha carta enviada a Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense.
O motivo deste comunicado é a frase que o alcalde dixo durante a presentación do programa de Entroido de Ourense onde indicaba que a cidade era a «Capital do Carnaval en todo o norte de España».
A Pantalla reivindica o seu Entroido nunha carta a Pérez Jácome
Para comezar, A Pantalla felicita a Pérez Jácome polo acto de presentación do programa pero recórdalle que Xinzo de Limia é a Capital do Entroido en todo o mundo. Proseguen a misiva mostrando o seu desacordo coa organización dunha festa baseada na inversión económica e deixando de lado concepto como a herdanza, os rituais ou a parodia que si están presentes no Entroido de Xinzo.
A Asociación A Pantalla mostra tamén a súa desconformidade co desfile de entroidos que organiza o concello de Ourense pois non desexan ser unha «atracción de feira para vostede». Aseguran que «quen queira ver pantallas sabe a onde ten que vir».
Invitan formalmente a Pérez Jácome a visitar o entroido de Xinzo de Limia, único recoñecido como Entroido Internacional, para coñecer a fonda tradición galega.