Eventos

Información do Festival ViboMask 2023

Xa coñecemos toda a información do Festival Internacional ViboMask 2023 que terá lugar os días 18 e 19 de marzo nos concellos de Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

A Mascarada Ibérica consolídase como un evento de gran relevancia polo valor etnográfico que posúe e a gran repercusión que ten entre a cidadanía, os medios de comunicación e investigadores.

Información do Festival ViboMask 2023

No ano 2015 xurdía a primeira Mascarada Ibérica coa participación de 16 entroidos participantes. O apoio dos concellos de Viana do Bolo e Vilariño de Conso é fundamental para poder ofrecer cada ano unha mellor versión dun festival que se converteu nun referente.

O programa de actividades ten lugar nos concellos de Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Nestas dúas localidades levaranse a cabo actuacións musicais, exposicións, conferencias e desfiles.

Programa da ViboMask 2023

VIANA DO BOLO

Venres, 17 de marzo

  • 12.00 Conferencias
    Pedro G. Losada (fotógrafo) e Xosé Manuel Seixas (artesán de máscaras de Entroido)
    (IES Carlos Casares)
  • 17.00 Inauguración Exposición “O Entrudio de Viana do Bolo no tempo
    Horario: Durante as horas que estea aberto o concello e o sábado toda a mañá
    (Sala de exposicións Concello Viana do Bolo)
  • 20.00 Foliada
    Actuación grupos de música tradicional (rúas e bares de Viana do Bolo)
    • As Travesas da Mezquita
    • As Xeitosiñas de Baltar
    • Banda de Gaitas de Vilariño de Conso
    • Comando Morrazo
    • Charanga Alegría
    • Dulzaineros de Velilla de la Reina (León)
    • Pastores de Casavieja (Ávila)
    • Tabernícolas
    • Trío Motobomba

Sábado, 18 de marzo

  • 12.00 ViBoMarket
    Mercado de produtos típicos e artesanais (Zona Praza Maior)
  • 12.30 Sesión vermú
    Amenizada pola charanga Fuego (Bares e rúas Viana do Bolo)
  • 16.45 Desfile VIII Festival Internacional Mascarada Ibérica “ViBoMask”
    (Percorrido: campo da feira, rúa Toural, rúa San Roque, Praza Maior e remate na rúa das Mazairas)
  • 23.00 ViBoMusic
    Actuación de grupos de música galegos (Praza Maior)
    • Nova Era
    • Guezos
    • SkaloPndras

VILARIÑO DE CONSO

Domingo, 19 de marzo

  • 10.30 ViBoMarket
    Mercado de produtos típicos e artesanais (Zona Praza Maior)
  • 11:45 Desfile VIII Festival Internacional Mascarada Ibérica “ViBoMask”
    (Rúas Vilariño de Conso)

Participantes na Mascarada Ibérica 2023

A CORUÑA

Entroido de Samede (San Mamede, Paderne)
Xenerais da Ulla (Concellos da comarca da Ulla)

LUGO

Entroido Ribeirao (Santiago de Arriba, Chantada)
Oso, madamas e danzante (Salcedo, Pobra do Brollón)

OURENSE

Asociación “Xuntos polo fulión” e boteiros (Vilariño de Conso)
Boi, Charrelos, Morte e Zamarreiro (A Veiga)
Bonitas (Sande, Cartelle)
Cigarróns (Verín)
Entroido de Barcia (Melón)
Farrumecos (Sobradelo, Xunqueira de Ambía)
Felos (Maceda)
Felos e Madamas (Esgos)
Follateiros (Lobios)
Fulión e mázcaras (Buxán, O Bolo)
Fulión e mázcaras da Mourela pra acá (aldeas de Manzaneda)
Fulións, mula e boteiros (aldeas Viana do Bolo)
Fulión e boteiros de Mormentelos (Mormentelos, Vilariño de C.)
Galos (San Pedro da Mezquita, A Merca)
Madamitas (Entrimo)
Mázcaras (A Xironda)
Pantallas (Xinzo de Limia)
Peliqueiros (Laza)
Peliqueiros, parranfón e vaca (Campobecerros, Castrelo do Val)
Toro e xigante (Celavente, O Bolo)
Troteiros (Bande)
Vellarróns (Riós)

PONTEVEDRA

Madamas e galáns (Cobres, Vilaboa)
Merdeiros (Vigo)
Rancho e Cabaleiros de Entroido da Feira (Salceda de Caselas)

ASTURIAS

Sidros y Comedies (Valdesoto)

CANTABRIA

La Vijanera (Silió)

CASTELA E LEÓN

Antruejo de Carrizo de la Ribera (Carrizo de la Ribera, León)
Atenazador (San Vicente de la Cabeza, Zamora)
Mázcaras y madamas (Pombriego, León)
Talanqueiras y visparros (San Martín de Castañeda, Galende, Zamora)
Toros y guirrios (Velilla de la Reina, León)
Zarramaches y Pastores (Casavieja, Ávila)

CASTELA-A MANCHA

Diablos y mascaritas (Luzón, Guadalajara)

PAÍS VASCO

Carnaval de Abanto (Abanto-Zierbena, Biscaia)
Joaldunak (Ortuella, Biscaia)

PORTUGAL

Caretos de Arcas ( Macedo de Cavaleiros, Braganza)
Os Caretos de Lazarim (Lamego, Viseu)
Caretos de Parada (Parada de Infanções, Braganza)

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.