Noticias

ABANCA reforza o apoio ao comercio local de Ourense

ABANCA e a Federación de Comercio de Ourense renovaron o seu convenio de colaboración para ofrecer novas solucións financeiras e impulsar os negocios de proximidade.

A sinatura celebrouse este martes na sede de ABANCA en Ourense, coa participación do director territorial da entidade, José María Jardón, e da presidenta da federación, Beatriz Gómez.

ABANCA reforza o apoio ao comercio local de Ourense

O acordo contempla opcións de financiamento, préstamos, pólizas de crédito, avais e condicións vantaxosas para contratar terminais de pago físicos e virtuais. Tamén inclúe servizos de banca dixital e o acceso a recursos formativos e xornadas para os asociados.

ABANCA reforza o apoio ao comercio local de Ourense
Foto: CEO.

Ambas entidades tamén prevén desenvolver campañas promocionais para apoiar o comercio local da provincia.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba