A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) celebrou en Valdeorras a súa xunta directiva en colaboración coa Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva), nunha reunión itinerante destinada a achegar a actividade da entidade ás comarcas da provincia.
Esta xornada incluíu visitas a Piscilor, en Quiroga, e á estación de bombeo de Iberdrola en Valencia do Sil, antes da reunión no complexo Paladium.
A CEO celebra en Valdeorras a súa xunta directiva
O presidente da CEO, David Martínez, repasou a situación económica provincial e destacou problemas como o envellecemento da poboación, a falta de relevo xeracional e a escaseza de persoal cualificado. Tamén reiterou o apoio da organización ás demandas de Valdeorras, entre elas a A-76, a mellora da N-120, o ferrocarril, as infraestruturas enerxéticas e a conectividade dixital.

A presidenta de Cepyme, Ángela de Miguel, clausurou o encontro reclamando medidas que permitan ás pemes investir, contratar, innovar e competir, así como unha redución das cargas burocráticas.

