Noticias

Descontos do 5 % para celebrar o Día das Librerías en Ourense

As librerías de Ourense celebrarán o Día das Librerías o venres 13 de novembro cun desconto do 5 % na compra de libros.

A iniciativa, baixo o lema «Entra na librería, asómate á cultura», busca destacar o papel destes establecementos como espazos de encontro e dinamización cultural.

Descontos do 5 % para celebrar o Día das Librerías en Ourense

Como antesala da celebración, a Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense e o Concello organizarán o xoves 12 de novembro unha xornada de animación á lectura dirixida ao alumnado dos CEIP Manuel Sueiro e Mestre Vide.

Descontos do 5 % para celebrar o Día das Librerías en Ourense

A actividade desenvolverase en dúas quendas. Ás 10:30 h, participarán os escolares do CEIP Manuel Sueiro, que comezarán no parque de San Lázaro. Ás 12:00 h, será a quenda do alumnado do CEIP Mestre Vide, con saída desde a Praza Maior.

Despois das sesións de animación á lectura, os participantes percorrerán varias librerías da cidade para coñecer o seu funcionamento e achegarse ao mundo dos libros. Os establecementos participantes serán Garce, Tanco, Eixo, Maelka, Queixumes, A Nova, Padre Feijóo e Nobel.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba