Este xoves terá lugar un acto de homenaxe a Manuel Suárez Castro, alcalde asasinado polas tropas franquistas no ano 1937.
O acto está organizado pola agrupación municipal do PSdeG-PSOE este xoves, 27 de xullo, a partir das 20h ó pé da igrexa de Santa María Nai.
Acto de homenaxe a Manuel Suárez Castro
No 86 aniversario de Manuel Suárez, varios cargos do PSdeG participarán neste acto de homenaxe. O secretario de memoria Histórica e Dereitos Humanos da CEM do PSdeG-PSOE de Ourense, Xosé Luis Carrión, é o encargado da coordinación do mesmo.
Intervirán a secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense, Alba Iglesias, o secretario comarcal de UXT Ourense, Cristóbal Medeiros, a secretaria xeral da Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense, Natalia González, o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez, e o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso. No acto tamén intervirán representantes da familia de Manuel Suárez Castro.