Este venres, 23 de febreiro, terá lugar un acto no Carballiño polo Día de Rosalía de Castro diante da tenda OZOCOgz.
Para celebrar o día de Rosalía, os organizadores convidan á cidadanía a ler un poema e tomar unha cunca de Caldo de Gloria.
Acto no Carballiño polo Día de Rosalía
Ademais deste acto, púxose en marcha unha iniciativa que estará vixente ata o 3 de marzo. Ó mercar un libro en galego levaredes un exemplar de regalo de «Celebrarmos Rosalía», escolma realizada por Anxo Angueira.
O acto polo Día de Rosalía comezará ás 18h e constará de:
- Lectura do manifesto da AELG
- Alborada de Rosalía
- Lectura da obra de Rosalía
- Música ao vivo
- Caldo de Gloria para todas e todos
Actualización:
Por mor da previsión de mal tempo para mañá, venres 23, vémonos obrigados a mudar de lugar e hora as actividades que tiñamos previstas para celebrarmos o Día de Rosalía.
En troques de ser na nosa tenda OZOCOgz, será no Centro Sociocomunitario do Carballiño, na rúa Julio Rguez. Soto, ás 18:30 horas.